We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Azul Vindeiro

by DEVALO

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

  • Compact Disc (CD) + Digital Album

    Includes unlimited streaming of Azul Vindeiro via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    ships out within 5 days
    Purchasable with gift card

      €8 EUR or more 

     

1.
2.
3.
4.
Rachí 03:28
5.
IRL 04:12
6.
Bastilla 03:59
7.
8.
Lixivia 04:22
9.
Pfeilstorch 04:24
10.

about

"Azul vindeiro” (Ferror Records, 2024) é o meu terceiro disco como DEVALO, un proxecto que comezou en 2019 na busca dun son persoal que combinase guitarras e sintetizadores.

Esa proposta continúa aquí, mais se nos discos anteriores buceei entre moitas referencias (o que Marcos Gendre denominou “unha gran enciclopedia pop de corte evocador”, frase que me gusta moito), para este traballo fixen o contrario: tratei de afastarme dunha búsqueda consciente de modelos musicais. Malia que todas as influencias sigan aí, deixeinas aflorar en vez de saír ao campo a buscalas.

No estético, houbo tamén unha intención de espir un pouco as cancións, en comparación con “Noites contadas” (2020) e “Luz/Sombra” (2022), discos nos que o son está composto a base de capas de arranxos superpostos de guitarras, sintetizadores e voces. “Azul vindeiro” conta cunha menor superposición de elementos. A miúdo aparecen varias melodías levadas por distintos instrumentos que dialogan entre si, mais deixándose espazo en vez de formar capas de son.

As cancións de “Azul vindeiro” non seguen unha cronoloxía nin unha liña narrativa, pero comparten algunhas temáticas. Unha idea que vertebra o disco é a de recuperar a capacidade de pensar no futuro. Actualmente vivimos nunha crise continua, por culpa da cal xa non somos capaces de proxectarnos máis alá do presente inmediato. Parece que non hai solución posible aos problemas que enfrontamos. Vivimos no debilitamento da esperanza. Varias das cancións deste disco rebélanse e tratan de volver ter a capacidade de concibir un mundo mellor, aínda que parta do descontento do presente; se cadra precisamente por iso. De aí tamén o azul do título, que identifico cun ceo (ou un mar) aberto, imaxe de futuro, do que queda por vir, do vindeiro: unha flor (como a da imaxe da portada pintada pola artista bretoa Dominique Rolland) que non tardará en abrirse ao mundo nunha nova primavera. Xunto con estas imaxes, outras cancións celebran unha sorte de hedonismo social, de celebración da vida, da amizade e do amor, nas modalidades que imaxinemos.

Mais, non nos enganemos, este non chega a ser, aínda, un disco optimista. As imaxes escuras seguen fitando desde o fondo, e hai momentos nos que podemos caer de novo na desesperanza. Contra elas: a rebeldía do azul vindeiro.

credits

released March 22, 2024

Edita Ferror Records. FR-0113. 2024

license

all rights reserved

tags

about

Ferror Records Ferrol, Spain

Ferror Records nace en 2015 con un propósito claro, dar salida a las propuestas musicales y culturales desde la militancia y la autogestión. Apoya tu escena local.
ferrorrecords@gmail.com

contact / help

Contact Ferror Records

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this album or account

If you like Azul Vindeiro, you may also like: