We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Erosi​ó​n

by Chicharrón

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €3.99 EUR  or more

     

  • Cassette + Digital Album

    Edición de Erosión en cassette. Edición limitada e numerada a man de 68 copias.

    Includes unlimited streaming of Erosión via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    ships out within 3 days
    Purchasable with gift card

      €10 EUR or more 

     

1.
Sinto que isto remata que sigo como un xogador nunha partida perdida case desde que comezou que xa fixen todo por última vez sen nin sequera sabelo que son un barco fantasma encallado na costa da morte son o seu silencio loitando abrazado a un vendaval suplicándolle que non se fose ao chega a mañá xunto a restos dunha canción que baten asustados no fondo do meu estómago son terra cuspida sobre a súa memoria unha sombra ceibada entre sementes ardendo un delirio de coiro no baleiro da súa danza.
2.
Xa entraron os que a van a levar asasinos enterrando viva a súa culpa xunto a raíces podres e vermes encolléndose asasinos de todas as posibilidades lembrando o horror vomitando odio sobre a súa beleza. só é un pesadelo déixame entrar para espertarte e xa verás como despois virá a paz camiña da man da súa nai sobre a auga sanguiñenta da praza tentando saír fóra de control buscándonos apertando os nosos ollos ata cegarnos completamente tirándonos dos brazos arrincándonos os dentes sabendo que nós cantaremos vitoria ao final.
3.
as súas bragas enroscadas no chan semellan unha coroa de espiñas unha talla volvendo ser árbore nunha ermida reconquistada polo bosque unha sinfonía de pedras tragando a súa ilusión invádeme hai teas brancas de anestesia sobre o noso mobiliario ela mira descalza como arrastra a súa sorte o verán na dorna que atravesa esta calma de imáns e cristal invádeme ata deixar de existir.
4.
9 mm de xustiza atravesando este país de arteiros e psicópatas sen rostro e sen fin non sei que me pasa non sei que quero todo o que crean é merda desde a súa torre de marfil esperando a que pase esta miseria sen ti e sen min non sei que me pasa non sei que quero non sei que me pasa teño moito medo non sei que me pasa non quero seguir non sei por que me pasa isto a min non sei por que por que? cando empeza o final feliz?
5.
Abro a porta e está ela sentada á beira do noso fillo cantándolle suavemente nanas ata que queda durmido o único que quero é coidarte coreografías salvaxes de campos de millo abandonados que esconden a tumba dunha lagoa pequena baixo un ceo asustado o único que quero é coidarte e que enfermes para poder coidarte e que morras para poder coidarte sempre.
6.
A luz do matadoiro escorrégalle polas súas entrañas de leite e alcatrán cambiando o negror da asfixia na mañá dun deserto morrería se non dixese que te quero correndo cara ao seu interior remitindo os velenos un río subterráneo que roza este val de dunas e berros morrería se non dixese que te quero moito.
7.
o futuro é un espello retrovisor sóltame e déixame ir lonxe de todo este inferno onde ninguén teña que sufrir / onde non exista a dor (canta isto en maqueta) e alí estarei esperándote inmóbil na beiravía chorando antes de chegar (isto é diferente en maqueta) a unha guerra sublime que xa non se pode parar e alí estarei esperándote estea onde estea estarei esperándote meu amor.
8.
No fondo dun decorado baixo follas artificiais esperanzas que arrincan do meu peito coma se fosen puñais eu só necesito que me abraces ata borrar este terror retallos dun vestido de noiva flores brancas sen olor dime que non pasa nada que xa pasou o peor só necesito que me abraces ata borrar este terror.
9.
Sede 03:10
Néboa salgada aloumiñando as cinzas dunha fogueira aloumiñando crebas secas algas e luces brandas arrefriando o sangue das súas veas néboa salgada aloumiñando en círculos a nosa pena ocupando aos poucos os espazos que deixa a nosa pena un insecto buscando a saída nas ventás que pecha a nosa pena o sol rendéndose na beira a nosa pena pero agora que estás ao meu lado outra vez xúroche que xamáis espertarei.
10.
Cando devala 01:48
É un consolo saber que non sentirás nada cando segue os meus brazos o vento que ti levantas é un consolo saber que seguirás coa túa vida sen poder nin imaxinar que acabaches coa miña é un consolo saber que non oirás isto (canta “nunca”) Que te quixen moitísimo máis Do que nunca ninguén te quixo (canta “te quixo”).

about

Quinto longa duración da banda de Carballo (A Coruña). Un disco dedicado á nai de Alberto M. Vecino, tristemente falecida fai uns meses, que trata sobre a perda, a dor e a enfermidade... pero tamén sobre a esperanza. Un disco dedicado a Teresa, e a todas esas derrotadas convertidas en heroínas.

credits

released March 1, 2022

Erosión foi composto por Chicharrón entre outubro e decembro de 2021. Todas as letras escritas por Alberto M. Vecino.

Producido por Matías Unruh. Gravado no noso local de ensaio en Carballo durante varias xornadas alegres en comunidade entre o 3 e 8 de xaneiro de 2022, co equipamento técnico de Matías. As baterías de Adrián foron gravadas a mediados de xaneiro en Ogrobe.

Alberto M. Vecino: voces e guitarras acústicas.

Mara Pérez: voces.

Rosalía Fernández Rial: acordeóns.

Rubén Domínguez: teclados farfisa.

Matias Unruh: arranxos de guitarra acústica e eléctrica, pianos e sintetizador.

Adrián Charlín: Baterías.

Mesturado en Ogrobe por Matías Unruh en xaneiro de 2022.
Masterizado por Ibán Pérez nos estudios Terraforma (O Hío, Cangas do Morrazo) en febreiro de 2022.

Para Teresa.

“E a morte non será nosa dona.”
Dylan Thomas

Grazas a João Aveledo, Francisco Remiseiro, Anxo Araújo, Xoán Martínez, Marcos Gendre, Urdime, Ferror Records, Ibán Pérez, Pablo Mella, Raúl Mella, Rosalía Fernández, Matías Unruh, Adrián Charlín e Teresa.

Escultura: “Maternidade Mártir” de Francisco Remiseiro.
Agradecementos a João Aveledo, propietario da obra, por deixarnos ir a súa casa a fotografiala.

A fotografía da escultura fixoa Pablo Mella.

O deseño fixoo Raúl Mella.

FR - 060 é a referencia de Ferror Records.

license

all rights reserved

tags

about

Ferror Records Ferrol, Spain

Ferror Records nace en 2015 con un propósito claro, dar salida a las propuestas musicales y culturales desde la militancia y la autogestión. Apoya tu escena local.
ferrorrecords@gmail.com

contact / help

Contact Ferror Records

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this album or account

If you like Erosión, you may also like: