We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Lo Vi Dos Veces

by Copa Turbo

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €3.99 EUR  or more

     

  • Record/Vinyl + Digital Album

    Vinilo de cor con insert. Edición limitada.

    Includes unlimited streaming of Lo Vi Dos Veces via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    ships out within 3 days
    Purchasable with gift card

      €17 EUR or more 

     

1.
2.
90s 04:56
3.
Primo Pablo 03:58
4.
5.
Ruído 03:00
6.
7.
SDR 04:26

about

Copa Turbo representan o ruido e a furia, o control e a velocidade. O eixe Pontecesures-Valga-Catoria convertido nun rally infinito funcionando sempre a gas.

“Copa Turbo xorde no verán de 2017 coa xuntanza de Manuelao, Ales e Revillas. Ales e Revillas, compañeiros de instituto, participaran xuntos en proxectos que nunca foran a nada. Antes do nacemento de Copa Turbo, andaban na procura dun batería para dar forma a un novo grupo. Manuelao, pola súa parte, participara de outros proxectos como Sofá Ambulante, e, no momento da unión, tocaba en Ciega & Peligrosa xunto con Juanone (actual membro do grupo).

A conexión entre os tres foi rápida e, en pouco máis de un mes, compúxose un set cas primeiras doce cancións de Copa Turbo” apuntan. Toman como nome o de un dos coches con máis lenda negra, ese que remite a velocidade, accidentes, voltas de campá... ataúde con rodas chegaron a chamarlle. “O nome aparece de xeito casual, froito das dinámicas dos ensaios, nos que dedicamos a falar máis tempo que a tocar, con conversacións que derivan en temas diversos e ideas sin aparente sentido. Na procura dun nome para a banda foron aparecendo propostas dispares, quedándose Copa Turbo.

Casualmente, co paso do tempo, foi dotándose dun significado musical e vital que, nun primeiro momento, foi alleo ás nosas intencións”.

O seu son remite a moitas cousas: punk rock, rock, caos, delirio, ruido, Thee Oh Sees... “O son de Copa Turbo é resultado das diversas influencias en constante renovación que recibimos todos os
membros, onde se poden percibir aspectos claros do punk, mais tamén do krautrock ou da eléctronica. Pero sobre todo, defínese polo proceso particular de composición, onde todas as partes da mesma nacen dos ensaios, destacando como elementos unificadores a improvisación, e a
alternancia e mistura entre ruido e melodía.

Musicalmente as influencias son diversas, dende Idles, King Gizzard ou Thee Oh Sees até Músculo ou Lamprea Explosiva, mais tamén de outros ámbitos, como a propia cotidianidade da nosa xeración, nunha situación de puente sen arraigo en nada sólido e un constante sentimento de perda”.

Debutan con Lo Vi Dos Veces (Ferror Records, 2023)... “O nome provén dunha anécdota compartida polos catro, ocorrida nun concerto dunha festa privada en Portugal. Consideramos que a situación xeral que estabamos a vivir naquel momento era o suficientemente representativa das nosas dinámicas grupais como para escoller dela o nome do disco.

A gravación desenvolvéuse ao longo de tres fins de semana de outubro de 2022 no estudo de Mousa House, en Paderne. Rubén e Ana, os donos, acolléronnos na súa casa (onde está tamén o estudo) vivindo todos xuntos o proceso. Alí acabamos de consolidar os temas,engadindo detalles as cancións, previamente plantexados ou ideados alí mesmo, de forma conxunta.

A melodía das letras faise sempre acompañando á música nos ensaios. En ocasiones a propia letra nace aí, no momento, e en outras, a canción permanece sin letra até que é inevitable compoñela.
Na escritura, froito disto, primase en moitas ocasións a escritura automática, tomándose como puntos de partida o mood da canción e, sobre todo, o plantexamento de situacións e ideas tipo de
base, a partir das cales saen as palabras”.

Un disco intenso e imprevisible, que deixará despeinado ao ointe, como aquel que leva as ventanillas abertas do coche mentres conduce a toda velocidade na noite.

credits

released May 30, 2023

GRAVADO por Rubén Gómez e Ana Martínez, en Mousa House (Paderne).

EDITADO por Juan Garrido na súa casa (Vilagarcía de Arousa).

MEZCLADO por Manu Blanco (Madrid).

MASTERIZADO por Adrian Blanco aka Juait en Spinal Sound (Arca).

ARTE GRÁFICA por Bernardo Paz Codesido.

FERROR RECORDS, 2023. FR-087.

license

all rights reserved

tags

about

Ferror Records Ferrol, Spain

Ferror Records nace en 2015 con un propósito claro, dar salida a las propuestas musicales y culturales desde la militancia y la autogestión. Apoya tu escena local.
ferrorrecords@gmail.com

contact / help

Contact Ferror Records

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this album or account

If you like Lo Vi Dos Veces, you may also like: