Luz​/​Sombra

by DEVALO

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

  • Compact Disc (CD) + Digital Album

    Edición limitada en CD Digipack de Luz/Sombra.

    Includes unlimited streaming of Luz/Sombra via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    ships out within 3 days
    Purchasable with gift card

      €10 EUR

     

1.
Sombra 04:57
2.
Crofton 04:36
3.
8-bit 05:11
4.
Melancholie 04:57
5.
Invisible 05:55
6.
Control 03:39
7.
Ningunha 03:43
8.
Operario 03:01
9.
Lume 04:04
10.
Ar 03:01
11.
Houdini 04:36
12.
Supernova 04:13
13.
Adiante 04:02
14.
Luz 03:43

about

DEVALO é un proxecto de David Miranda, a quen coñecemos doutras aventuras musicais como Nouvelle Cuisine ou The Cripple and The Tramp. Nos ecos do synthpop (Gary Numan, Orchestral Manoeuvres in the Dark, M83, New Order), e sons que beben do dream pop e o shoegazing (Slowdive, Cocteau Twins, The Radio Dept., Yo La Tengo, Beach House), resoan imaxes nocturnas de nostalxia, perda e crise de identidade, que deixan tamén entrever un renacer a través dun movemento cara ao futuro que é realmente unha volta ás orixes.

Tras a gran acollida de “Noites Contadas” (Ferror Records, 2020), volve cun segundo longa duración, “LUZ/SOMBRA” (Ferror Records, 2022), co que mantén esa esencia dream pop e synth pop en galego.

“Cando empecei a escribir as cancións tiña en mente compor algo luminoso. Con todo, a sombra comezou a aparecer con moita forza durante o proceso. Aínda que pareza que o título establece unha dicotomía, en realidade ambas están entrelazadas. De feito, as cancións máis escuras teñen referencias á luz, e ao revés. En xeral, o disco acabou falando de dor, rabia e frustración, aínda que tamén ten un sentimento de esperanza, de mirar cara a adiante e deixar atrás a escuridade, de cambiar a algo mellor” explica.

Un disco continuista en moitos aspectos, pero nesta ocasión percíbese unha maior presenza tradicional no disco… “Quería continuar co proxecto estético de combinar guitarras e electrónica. Neste caso, as guitarras tomaron quizais maior protagonismo, como unha maneira de expresar esa escuridade, e ao mesmo tempo rebelarse contra ela. Nalgunhas cancións quería un son máis rugoso e áspero, e experimentei coa superposición varias capas de guitarras, e tamén busquei un son máis orgánico no baixo e a batería. Noutros temas a electrónica toma un papel máis protagonista, cunha maior presenza de sintes e de ritmos programados. Por outra banda, en ‘Ar’ tamén xoguei cunha pequena referencia á música tradicional galega. E en ‘Muiñeira do paxaro’ (Cara B do single ‘Supernova’, non incluída no disco), levei esa experimentación un pouco máis lonxe. Era algo que facía tempo que tiña ganas de facer e lanceime a tentalo, aínda que a presenza da música tradicional no disco limítase só a unha chiscadela”.

Un disco cargado de mensaxes e poesía… “Nas letras entrelázanse o persoal e o político (que son o mesmo, non?), o presente e o pasado. Aínda que ao principio buscaba escribir cancións alegres, non puiden evitar ter que enfrontarme a unha situación presente de dor e frustración, que á súa vez me levou a revivir unhas circunstancias moi duras do pasado. Todo isto nun momento no que o mundo parece que se está indo á merda, polo que esa dor e esa rabia tamén as quería conectar co que está a suceder á miña ao redor. Nas letras hai escuridade e dor, pero tamén inconformismo e ganas de levantarse. Gañar de pensar unha vida mellor, que poña o foco no comunitario, nos coidados, na compaixón e na verdadeira igualdade. Da dor parte unha necesidade de cambio, persoal e social. Que o berro de pánico convértase en rebeldía e esperanza”.

Un disco altamente emocional cheo de luces e sombras, pero tamén de esperanza.

Fernando Fernández Rego

credits

released March 25, 2022

Gravado en Belmont Road (Bangor, Gales).

Masterización por Jahel Piñeiro en 8 Estudios (Lugo).

Música, letras, gravación e deseño de David Miranda.

Imaxe de portada de Dominique Rolland: www.flickr.com/people/d_rolland_artistepeintre/

Edita Ferror Records. FR-065. 2022.

license

all rights reserved

tags

about

Ferror Records Ferrol, Spain

Ferror Records nace en 2015 con un propósito claro, dar salida a las propuestas musicales y culturales desde la militancia y la autogestión. Apoya tu escena local.
ferrorrecords@gmail.com

contact / help

Contact Ferror Records

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this album or account

If you like Luz/Sombra, you may also like: