We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

O que Nos Queda por Non Dicir

by Chicharrón

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €5 EUR

     

1.
2.
3.
4.
5.
6.
7.
Presenza 02:42
8.

about

Estamos ante unha etapa de fecundidade creativa para Chicharrón. Todo comezaba con Unha Fogueira Intacta (Ferror Records, 2021). Un traballo creado durante o illamento e a paranoia do estado de alarma e os meses posteriores pero, ao tempo, é o seu disco máis aberto a colaboracións externas. “Cando acabamos Cancións Clínicas sentín que o rostro de Chicharrón que crearamos mirounos, e este disco é a procura do que hai detrás desa mirada, detrás de todos os anteriores discos. Cada canción pretende ser unha posibilidade dese interior. Todas as cancións son a mesma e, á súa vez, entre todas forman unha”, afirmaba Alberto a David Saavedra, sen querer dar máis pistas que entorpezan a libre interpretación do oínte. O disco é como un pequeno destello que percibimos en un mar de escuridade, o faro nunha carreteira perdida na inmensidade da noite o, como canta Alberto nun momento do disco, solo un ladrido no medio da cidade.

Logo chegou Erosión (Ferror Records, 2022), un disco marcado pola perda e a dor. Un disco dedicado á nai de Alberto M. Vecino, tristemente falecida fai uns meses, que trata sobre a perda, a dor e a enfermidade... pero tamén sobre a esperanza. Un disco dedicado a Teresa, e a todas esas derrotadas convertidas en heroínas.

En 2023 chega O que Nos Queda por Non Dicir (Ferror Records), un traballo que nas súas palabras son “oito cancións que describen o noso momento actual, que é un momento de comezo e ilusión despois de dez anos de vida. O que nos queda por non dicir é o noso disco máis lofi, que tenta reflectir a inxenuidade que aínda non perdemos en todo este tempo”.

Un disco gravado en formato trío de novo: Alberto M. Vecino, Mara Pérez e Rosalía Fernández Rial; que mostra o seu bo momento creativo, con tres traballos en tres anos.

“Para nós a música é unha necesidade case fisiolóxica, coa que expresamos cousas que non sabemos expresar doutro xeito, e vemos cada disco como unha paisaxe distinta da nosa viaxe. Sinceramente, esperamos tardar uns anos en volver gravar outro, porque nos encanta o que estamos a ver agora pola ventá.

Mantemos o formato trío basicamente porque nos estamos divertindo unha chea. Ademais ser veciñas fai todo moito máis sinxelo tamén na loxística”.

Conceptualmente o disco, “poderíase dicir que é unha reflexión sobre a felicidade en distintas formas”. A gravación “foi moi rápida e con poucos medios, como gravaban nos 90 Daniel Johnston, Jad Fair ou Beat Happening por poñer algún exemplo. Isto foi algo totalmente premeditado, para que o son expresase a nosa idea de felicidade, e tamén reflectise a frescura dun novo principio.

Unha das mensaxes é que levamos unha década, seis discos, e que a música segue sendo moi importante para nós. Nunca perdemos a inocencia, e iso é o verdadeiro éxito para Chicharrón, que despois de tantos anos seguimos gozando de tocar como o primeiro día”.

credits

released May 17, 2023

Edita Ferror Records. FR-098. 2023.

license

all rights reserved

tags

about

Ferror Records Ferrol, Spain

Ferror Records nace en 2015 con un propósito claro, dar salida a las propuestas musicales y culturales desde la militancia y la autogestión. Apoya tu escena local.
ferrorrecords@gmail.com

contact / help

Contact Ferror Records

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this album or account

If you like O que Nos Queda por Non Dicir, you may also like: