We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Pequeno Manual Para Grandes Cambios I (Teor​í​a e Pr​á​ctica)

by Zavala

supported by
/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

  • Record/Vinyl + Digital Album

    Prevenda da edición en vinilo do disco debut de Zavala. Envíos a partir do 20 de xaneiro.

    Includes unlimited streaming of Pequeno Manual Para Grandes Cambios I (Teoría e Práctica) via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    ships out within 5 days
    Purchasable with gift card

      €18 EUR or more 

     

1.
2.
3.
4.
Hoxe 03:28
5.
6.
7.
8.
9.
10.
Eu 03:51
11.
Hei volver 02:36
12.
13.
14.

about

“Zavala nace co xerme de facer unha música máis de raíz, máis tradicional, pero os primeiros temas xa evolucionan cun marcado acento electrónico e agora mesmo sintetizan nunha mestura entre o orgánico e o electrónico.

Queríamos un nome de lugar físico, ao modo de tantos outros: Texas, Dover, London, Boston, Kansas... Zabala foi o elixido pero por problemas legais tivemos que cambiar a Zavala con V, que nos gusta máis coma a nosa pequena homenaxe a La Vacazul de Jairo Zavala (Depedro)”. Así se presenta a formación ferrolana Zavala. Un sopro de aire fresco na escena galega, que conxuga tradición, vangarda, modernidade... todo iso en feminino.

Presentan o seu primeiro disco: Pequeno manual para grandes cambios I (teoría e práctica), editado por Ferror Records. “O primeiro disco está dividido en dúas partes, volume I e II (26 cancións en total) e mestura os aspectos máis orgánicos e melódicos da música con texturas e bases electrónicas, sons contemporáneos pero con matices ás veces do tradicional.

As letras, intimistas e persoais colorean o amplo abanico musical que vai dende o máis acústico e simplista a pasaxes máis sintéticas.Zavala asenta na música galega cunha proposta innovadora, contemporánea e
moderna que mira de fronte as novas texturas sonoras, con guitarras
sintetizadas, samples, sintetizadores e bases electrónicas pero que mesturan de xeito natural con guitarras acústicas, pianos, frauta traveseira ou acordeón.

Sen embargo, máis aló de matices, produción e sonoridades o verdadeiramente destacable de Zavala é A CANCIÓN, coidada de xeito particular, con letras que evolucionan a cada paso e cunha apertura ampla e diferenciada musicalmente pero que se aglutinan nun todo que caracteriza o son persoal do proxecto, cunha produción propia moi ampla.

En Zavala destaca a voz de Carla Romalde, as melodías dos coros e a fusióndo melódico e orgánico”.

Zavala é movemento constante, todo flúe da man de Carla Romalde (voz, frauta traveseira), Ana Lage (baixo, piano, acordeón, coros), Elena Zas (piano, viola, coros), Carlos Castro “Kos” (programacións, bases e visuais) e Víctor Ledo (guitarra e coros).

“En Zavala cada canción é un micromundo que rara vez fala dun só tema, as letras discorren a modo cinematográfico moitas veces, con imaxes e flashes sonoros. Hai temas máis intimistas pero non deixamos de lado a temática social, sobre todo o feminismo, a igualdade e a defensa dos que menos teñen”.

credits

released December 11, 2023

Edita Ferror Records. FR-0110.

license

all rights reserved

tags

about

Ferror Records Ferrol, Spain

Ferror Records nace en 2015 con un propósito claro, dar salida a las propuestas musicales y culturales desde la militancia y la autogestión. Apoya tu escena local.
ferrorrecords@gmail.com

contact / help

Contact Ferror Records

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this album or account

If you like Pequeno Manual Para Grandes Cambios I (Teoría e Práctica), you may also like: