We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Ulla

by Músculo!

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

  • Record/Vinyl + Digital Album

    Envío inmediato.

    Includes unlimited streaming of Ulla via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    ships out within 5 days
    Purchasable with gift card

      €17 EUR or more 

     

1.
Ulla 08:30
2.
#anti#go 04:20
3.
Elvira 06:36
4.
Augalavada 04:45
5.
Escravitude 05:07
6.
Casa vella 05:16
7.
A torre 04:11
8.
A ponte 05:12
9.
As pontes 04:49

about

Músculo! veñen de gravar un auténtico discazo. Un traballo que deixa claro o seu crecemento e evolución. Ferror Records editamos en vinilo "Ulla", electrónica con denominación de orixe.

O Ulla como continente de recordos e vivencias. Como a terra, a auga e a pedra sempre presentes…“O Ulla e o seu entorno é o que vemos todos os días, é o paisaxe de fondo de case todo o que nos aconteceu dende que eramos nenos. De unha forma ou de outra acaba dentro do noso subconsciente e termina sendo parte de un mesmo.

Alí vivimos momentos irrepetibles e inconscientemente tíñamos unha necesidade vital de darlle un papel importante neste disco. Non deixa de ser unha homenaxe ó Ulla pero tamén é unha forma de mostrarnos tal e como somos”.

O concepto do disco xurde “mentres compoñíamos a canción ‘Ulla’ e a partir de aí comezamos a construír todo o concepto do disco. Para a portada queríamos algo que tivera o río Ulla como protagonista. Saímos co noso amigo Carlos Beiró a capturar o entorno con un dron e aí atopamos a imaxe para a portada. Do deseño encargouse Rubén Dominguez (Prenom, Pantis, Telephone Rouges)”.

A nivel sonoro percibimos unha evolución clara e conseguen soar como sempre pretenderon… “Neste disco deixámonos levar en termos de composición e de son. Onde no pasado nos autocensuraríamos agora encontramos a nosa maior inspiración. Tivemos especial coidado en ir producindo e mesturando durante a composición e gravación, de tal forma que sempre fomos conscientes do resultado final. Cremos que o disco é moi variado, aínda que todas as pistas teñen algo en común: Saíron dunha forma moi natural, sen forzar. Liberdade absoluta. Para a masterización contamos con Eloy Platas, que cremos que fixo un moi bo traballo.

O son de este disco é o resultado da experimentación e do aprendido en traballos anteriores. É a nosa evolución natural. Usamos texturas de todo tipo: Momentos limpos e preciosistas, pistas distorsionadas ata o seu límite ou pads entrecortados e crebados. Abundan as seccións de corda que aportan os momentos máis emotivos e instrumentos orgánicos integrados nun entorno electrónico.

Facemos electrónica, case sempre buscando un son orgánico”.

Eles o teñen totalmente claro, e os que entren realmente no disco tamén: “Este é o noso traballo máis persoal, do que estamos máis orgullosos e no que cremos que nos acercamos máis a donde queríamos chegar, en termos de concepto e son.

A xente encontraráse con un disco sobre todo sincero. Estamos moi ledos co resultado e esperamos que sexa un punto de inflexión na nosa carreira como grupo. Este é un disco para deixarse levar e bailar serio”.

credits

released March 5, 2023

Artwork: Rubén Domínguez.

Foto aérea de portada: Carlos Beiro.

Masterización: Eloy Platas (Lume).


Edita: Ferror Records. FR-051.

license

all rights reserved

tags

about

Ferror Records Ferrol, Spain

Ferror Records nace en 2015 con un propósito claro, dar salida a las propuestas musicales y culturales desde la militancia y la autogestión. Apoya tu escena local.
ferrorrecords@gmail.com

contact / help

Contact Ferror Records

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this album or account

If you like Ulla, you may also like: