We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Unha Fogueira Intacta

by Chicharrón

supported by
gzgz99
gzgz99 thumbnail
gzgz99 Excelente canción. Todo el disco me parece brillante pero esta canción tiene algo realmente especial. Favorite track: Procesos de oxidación.
voltacas
voltacas thumbnail
voltacas Unha canción fermosísima, nun disco que marcará unha época na música galega. Favorite track: Outono de fíos eléctricos.
xxoel///
xxoel/// thumbnail
xxoel/// Un traballo xenial. Un disco que nos dá folgos para ollar adiante. Parabéns á banda e ao resto dos implicados. Favorite track: Procesos de oxidación.
/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €3.99 EUR  or more

     

  • Record/Vinyl + Digital Album

    Envío inmediato. Xa disponibles.

    Includes unlimited streaming of Unha Fogueira Intacta via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    ships out within 3 days
    Purchasable with gift card

      €15 EUR or more 

     

1.
2.
3.
Ondeando 03:27
Non quero non estar ao teu lado. Non quero non estar ao teu lado. Cando espertes cando volvas do baño co pelo mollado Cando penses no que vas vestir Non quero non estar ao teu lado Cando volvas do traballo e abras unha botella de branco Non quero non estar ao teu lado Cando escoites o noso disco Cando este asustado Non quero non estar ao teu lado Non quero non estar sempre ao teu lado.
4.
5.
O espigador 02:53
6.
7.
8.
Na autoestrada quedaron marcas de curvas imposibles, Liñas vacilantes que acaban directas contra a mediana. Cápsula de só. Unha bolboreta de frío atravesa o paso Os meus ollos quedan prendidos do seu salto. E teño sorte. Un dous, un dous. A autoestrada de noite parece un videoxogo. O negror máis opaco non me trabuca. Coma unha intermitencia, A miña xuventude unha liña de cocaína que ás veces Se torce. Detrás da miña órbita excítanse os volantes. E acelero tan rápido Como a este verso se lle vai a vida.
9.
10.
11.

about

Case sen darnos conta, a escena do pop en galego consolidouse como algo moi serio, disposto a perdurar no tempo, e que, ademais, camiña en paralelo con outras disciplinas, como o mundo audiovisual, a poesía, a fotografía, o deseño ou o cómic. Tamén, case sen darnos conta, Chicharrón foi gañando peso como un catalizador de todo isto, unha célula creativa absolutamente única polo seu carácter sempre mutante e, ao mesmo tempo, sólida nos seus ideais e conviccións.

Todo comezou case sen pensalo, como un impulso persoal de Alberto M. Vecino. O seu anterior proxecto, Franc3s, posuía un interesantísimo potencial, pero preferiu queimarse entre campás de lume rosa antes que desvanecerse. O tráxico falecemento do pintor Alberto Gende, amigo moi próximo de Alberto, provocou a urxencia de construír cancións desde a parte máis visceral da memoria e o pranto pola perda, algo que naquel momento compartiu con Diego Gende, irmán do malogrado artista.

Pouco despois incorporaríase Rubén Domínguez, quen acababa de disolver outro prometedor grupo de futuro truncado, Telephones Rouges. Era 2014, e só dous anos despois da publicación do seu álbum de debut homónimo, Chicharrón colectivizárase até un formato de sexteto, completado por Mar Catarina, Xurxo Meis e Mara Pérez. Foron moitas máis as cousas que se transformaron no seu segundo longo, “Postal”. O idioma xa non era o castelán, senón o galego, e o estilo evolucionaba desde a contundencia acústica e desesperada dos seus inicios cara a un indie pop máis aberto ao aire e a luz, cunha poesía melancólica e agridoce.

En 2017 chegaron un par de singles de transición, magníficos ambos: o épico “Contra Acantilados” e o medio tempo “Na Cela”, adaptación dun poema de Antía Otero que ben podería pertencer ao catálogo do selo británico 4AD. Xa por entón, a banda estaba a volverse a repregar a un novo núcleo duro, formado por Alberto, Rubén e Mara, mentres que o seu son expandíase cara a unha electrónica abrupta e escura de trazo industrial, moi ligada ao que Rubén estaba a facer no seu proxecto persoal, Pantis. As letras de “Cancións Clínicas” (2018) volvían lidar coa enfermidade, a perda, a asunción da ausencia. Material emocional tenso e intenso nunha nova volta de porca ao son Chicharrón, sempre dirixido polo conflito (persoal, social, anímico) e a honestidade con que eles agarran ás súas cancións polo pescozo para baleirarse dentro delas. O xornalista Nando Cruz escribiu unha vez sobre o grupo Xiu Xiu que, en cada unha das súas cancións, parecía que eles se arroxasen a combater a un campo de batalla, e ese é tamén o espírito da banda creada na localidade coruñesa de Carballo. “Fascíname que Rubén, que é o produtor do catro discos, conseguise crear as paisaxes necesarias para cada parte do camiño de Chicharrón, sendo todos tan diferentes. Creo que parte do éxito do grupo talvez proveña dese entendemento total e a confianza cega no que fai cada un de nós”, explica Alberto. “Vémonos moi pouco porque actualmente vivo en Madrid e elas en Carballo, e tampouco mantemos unha rutina de traballo”, apunta Rubén. “Durmimos como banda durante un tempo no que saímos a explorar e a influenciarnos e logo volvemos a casa e actívase a maquinaria. Por iso creo que cada disco é un mundo. Porque a nosa rutina de banda é vivir, contaminarnos e compartir”.

O álbum que tes diante, “Unha Fogueira Intacta”, continúa a senda do anterior, pero tamén posúe unha natureza diferente e, aparentemente contraditoria. Creouse durante o illamento e a paranoia do estado de alarma e os meses posteriores pero, ao tempo, é o seu disco máis aberto a colaboracións externas. “Cando acabamos Cancións Clínicas sentín que o rostro de Chicharrón que crearamos mirounos, e este disco é a procura do que hai detrás desa mirada, detrás de todos os anteriores discos. Cada canción pretende ser unha posibilidade dese interior. Todas as cancións son a mesma e, á súa vez, entre todas forman unha”, afirma Alberto sen querer dar máis pistas que entorpezan a libre interpretación do oínte. “Algo que me parece curioso é que as letras son previas á pandemia pero, cando o escoitas con atención, parecen levarche a un contexto de confinamento, de distancia, de desconcerto, de fin do mundo”, indica Mara.

A nivel sonoro, xa non hai as concesións ao pop que aínda quedaban en cancións do seu anterior traballo como “Que tempo fará?”. Agora é todo moito máis asfixiante e esquivo nun proceso que sempre estaba aberto ao achado a través do erro. Os membros do grupo chegaron a crear unha lista de Spotify con algunhas das cancións que querían usar como referencia (esta: open.spotify.com/playlist/0L0s77X9vasNdKSJiXNwBY?se=QdJYiJtCSR2h_5lXZF3 TdA). Liars, Portishead, Einsturzende Neubauten, Low, Swans, Throbbing Gristle, Xiu Xiu ou FKA Twigs son algúns dos nomes que aí saen e que poden axudarnos a iluminar (ou escurecer) o camiño. “Todo o que hai nela, dalgunha forma ou outra, foi utilizado para compor, orientar gravacións e mesturar o disco”, informa Rubén. “Na construción do álbum, quixemos subliñar a presenza da percusión e baixos, tanto eléctricos como Moogs. Foi o máis parecido a un collage que fixen nunca. Con todas as pistas que gravamos e as que nos enviaron os participantes, empecei a formar un esqueleto previo, limpando, reorganizando e sobre todo tratando as gravacións como samples. Salvo as voces e os Moogs, o resto de elementos foron situados con esa perspectiva da electrónica e a música experimental, a pesar de ter costuras de pop ou rock. A instrumentación dalgunhas cancións acabou noutras, e nese aspecto foi moi interesante -outra vez o azar- a idea de Alberto de realizar todo o disco a 127 BPMs. Aínda que algunhas delas finalmente variaron de pulso, máis da metade están nesa cadencia, por iso o transvasamento foi tan interesante. Ademais, desde o principio tiña claro que quería que a vida se coase no disco a través de gravacións de campo”, engade. “En contra do común, creo que é un álbum para escoitar con ruído de fondo, no transporte público, conducindo de noite e mesmo mentres lavas os pratos en casa. En realidade, en todo o disco vira esa idea de influencia, de colectividade e de relacións azarosas entre os elementos que configuran un estado de ánimo. Outra das ideas que máis me interesan é contemplar cada canción como infinitas posibilidades entrelazadas, con protagonistas complexos como o saxo ou o acordeón, ordenando o caos. Ambos son instrumentos moi físicos, de tensionar a respiración humana e mecánica. Teñen un papel narrativo no discurso do disco aparecendo na esperanza (“Outono de fíos eléctricos”, “Xogando nunha praia de entullos”), a derrota (“Videntes namoradas”, “Outono de fíos eléctricos”, “Vas quedar a mirar?”) e o misterio (“Ondeando”, “O mes sen minutos”, “Highway To Heaven”)”.

A idea da colectividade é moi importante neste álbum. Chicharrón reconverteuse nunha especie de proxecto de portas abertas no que contribuíron algúns dos artistas máis interesantes da actual escena pangalaica. “Necesitabamos facer algo en común con xente á que admiramos persoal e artisticamente, amigos e persoas de todos os ámbitos artísticos do panorama galego, sempre tendo presente esa transversalidade nas artes na que cremos”, apuntan Alberto e Mara. O seu tema “Highway To Heaven”, por exemplo, parte dun cómic de Kike J. Díaz no que interpreta un poema de Yolanda Castaño. “Facer un vídeo dunha canción na que musicamos un cómic que interpreta un poema mólanos bastante”, lanza o vocalista do grupo entre risas. Non é, por certo, a primeira nin a segunda vez que adapta un texto de novos poetas galegos. “Eu escribo as letras e a min a poesía galega me flipa e creo sinceramente que estamos ante unha das mellores xeracións de escritoras da historia, polo que tamén é necesario reivindicalo. Ademais, que no disco estean presentes dun ou outro modo Luz Pozo, Yolanda Castaño e Alba Cid tampouco é unha casualidade; valinme delas para establecer un diálogo interxeneracional que tamén quería que estivese presente no disco. Creo firmemente nas posibilidades literarias e artísticas da música pop”.

O elenco de colaboradores que aparece nos créditos da gravación é case un quen é quen do actual underground galego, aínda que non foron, subliña Rubén, ningún caixón de xastre. “Neste disco a composición comezou a articularse desde as propias colaboracións. Cando chamamos a Brais Otero -Mundo Prestigio, Jay- buscabamos ese sinal escuro, visceral, pero elegante no baixo e o saxo. Con Anxos Fazáns -Contenedor de Mierda- o mesmo. Ela sorprendíase de que a chamásemos para tocar a guitarra en varios temas –“se non teño nin idea de tocar!”- pero a súa “batida” na guitarra era a idea sobre a que cimentar “O espigador” ou “Por canto non o facemos?”. A Sara Iglesias -saxo en “Videntes namoradas”, “Ondeando”, “Highway To Heaven” e “Xogando”- deixámola media hora soa gravando saxos para poder relacionarse co seu instrumento e coas súas propias vivencias. Pero coa súa presenza buscabamos iso: o seu caos, a súa profundidade e o seu espírito. Rosalía Fernández Rial é un poeta carballesa moi boa e unha persoa xenial que contaxia felicidade e harmonía. A súa participación tamén marcou un punto de inflexión na estrutura do disco. A respiración do seu instrumento e os matices que introduciu nas cancións son espectaculares. Teo Cid e Cibrán Tenreiro -Monstruo, Zara- son referentes éticos e estéticos para min. Son artistazos e persoas moi comprometidas politicamente. Músicos incribles e seres inmensamente libres e sensibles. Do recordo de concertos seus saíron aproximacións a diversas cancións como o final de “Oda aos vagalumes”, “Por canto non o facemos?” ou “Ondeando”. Charles Rapante -Os Vacalouras, Contenedor de Mierda- é un dos mellores buscadores de sons eléctricos que coñezo. É un guitarrista imaxinativo, que foxe do lugar común e un fantástico explorador. Cando chegou ao estudo e montou os seus pedais e o theremin e empezamos a experimentar sabía que a súa presenza articularía o conxunto do disco e así foi. As súas guitarras son precisas e a súa interpretación do theremín, expansiva. Sen el, “Procesos de oxidación” non sería nin a metade de vibrante que é. Xiana Arias -Atrás Tigre- e Berio Molina son dúas creadoras que admiramos profundamente. No seu caso non puidemos coincidir no estudo e fixeron as súas achegas desde casa. Berio Molina é un artista sonoro extremadamente interesante e Xiana é a performance e o ímpeto. O seu sintetizador en “O mes sen minutos” fíxome reformular por completo a canción e as súas gravacións de campo en “Oda aos vagalumes” e “Procesos de oxidación” guían o discurso das cancións. Un detalle moi tolo de “Procesos de oxidación” son as percusións corporais que fixeron a base de saltos e palmas. Ibán Pérez, ademais de producir, volveu meter percusións e algún baixo, aínda que os condicionantes loxísticos impediron algún detalle máis. Marco Maril -Apenino- tamén participa e aínda que as súas achegas non están tan presentes, para min si foi importante o timbre das súas pistas á hora de definir o cariz dalgúns temas. Mar Catarina tamén está presente en “Ondeando” aínda que a súa presenza está en todos os temas, como sempre. Matías Unruh foi o meu compañeiro de banda en Telephones Rouges e encargouse da mestura de seis do once temas deste disco. Na xira que fixemos en decembro foi o noso técnico e despois, debido a problemas loxísticos con Ibán Pérez por atrasos meus, asumiu máis da metade das mesturas. O seu traballo foi dunha pulcritude inmensa e foi decisivo para que cancións como “Procesos de oxidación” teñan esa profundidade no discurso sonoro, tan ligado á banda sonora audiovisual”.

Por último, e non menos importante, hai que resaltar a impresionante portada que elaborou o fotógrafo coruñés Pablo Mella. “Mandounos varias fotos e esta é a que máis nos molou -asevera Alberto-, porque resumía á perfección o significado do disco e porque nos lembraba a unha charla moi emocionante que deu na feira do Libro de Carballo Manuel Rivas sobre os vagalumes, os seus millóns de formas diferentes de nomealos e sobre a ameaza da súa supervivencia”, sinala Alberto. É como o pequeno escintileo que

percibimos nun mar de escuridade, o faro nunha estrada perdida na inmensidade da noite ou, como canta Alberto nun momento do disco, só un ladrido no medio da cidade. “Unha Fogueira Intacta” é un álbum verdadeiramente inspirador, un novo manifesto humanista e artístico nunha banda sempre inquieta, sempre sorprendente. Chicharrón segue sendo todas as posibilidades porque nunca estivo tan preto de atopalas. Avanza.



DAVID SAAVEDRA



[CASTELLANO]

Casi sin darnos cuenta, la escena del pop en galego se ha consolidado como algo muy serio, dispuesto a perdurar en el tiempo, y que, además, camina en paralelo con otras disciplinas, como el mundo audiovisual, la poesía, la fotografía, el diseño o el cómic. También, casi sin darnos cuenta, Chicharrón ha ido ganando peso como un catalizador de todo esto, una célula creativa absolutamente única por su carácter siempre mutante y, al mismo tiempo, sólida en sus ideales y convicciones.

Todo comenzó casi sin pensarlo, como un impulso personal de Alberto M. Vecino. Su anterior proyecto, Franc3s, poseía un interesantísimo potencial, pero prefirió quemarse entre campanas de fuego rosa antes que desvanecerse. El trágico fallecimiento del pintor Alberto Gende, amigo muy cercano de Alberto, provocó la urgencia de construir canciones desde la visceralidad de la memoria y el llanto por la pérdida, algo que en aquel momento compartió con Diego Gende, hermano del malogrado artista. Poco después se incorporaría Rubén Domínguez, quien acababa de disolver otro prometedor grupo de futuro truncado, Telephones Rouges. Era 2014, y solo dos años después de la publicación de su álbum de debut homónimo, Chicharrón se había colectivizado hasta un formato de sexteto, completado por Mar Catarina, Xurxo Meis y Mara Pérez. Fueron muchas más las cosas que se habían transformado en su segundo largo, “Postal”. El idioma ya no era el castellano, sino el gallego, y el estilo evolucionaba desde la contundencia acústica y desesperada de sus inicios hacia un indie pop más abierto al aire y la luz, con una poesía melancólica y agridulce.

En 2017 llegaron un par de singles de transición, magníficos ambos: el épico “Contra acantilados” y el medio tiempo “Na cela”, adaptación de un poema de Antía Otero que bien podría pertenecer al catálogo del sello británico 4AD. Ya por entonces, la banda se estaba volviendo a replegar a un nuevo núcleo duro, formado por Alberto, Rubén y Mara, mientras que su sonido se expandía hacia una electrónica abrupta y oscura de trazo industrial, muy ligada a lo que Rubén estaba haciendo en su proyecto personal, Pantis. Las letras de “Cancións Clínicas” (2018) volvían a lidiar con la enfermedad, la pérdida, la asunción de la ausencia. Material emocional tenso e intenso en una nueva vuelta de tuerca al sonido Chicharrón, siempre vehiculado por el conflicto (personal, social, anímico) y la honestidad con que ellos agarran a sus canciones por el cuello para vaciarse dentro de ellas. El periodista Nando Cruz escribió una vez sobre el grupo Xiu Xiu que, en cada una de sus canciones, parecía que ellos se arrojasen a combatir a un campo de batalla, y ese es también el espíritu de la banda creada en la localidad coruñesa de Carballo. “Me fascina que Rubén, que es el productor de los cuatro discos, haya conseguido crear los paisajes necesarios para cada parte del camino de Chicharrón, siendo todos tan diferentes. Creo que parte del éxito del grupo tal vez provenga de ese entendimiento total y la confianza ciega en lo que hace cada uno de nosotros”, explica Alberto. “Nos vemos muy poco porque actualmente vivo en Madrid y ellas en Carballo, y tampoco mantenemos una rutina de trabajo”, apunta Rubén. “Dormimos como banda durante un tiempo en el que salimos a explorar y a influenciarnos y luego volvemos a casa y se activa la maquinaria. Por eso creo que cada disco es un mundo. Porque nuestra rutina de banda es vivir, contaminarnos y compartir”.

El álbum que tienes delante, “Unha Fogueira Intacta”, continúa la senda del anterior, pero también posee una naturaleza diferente y, aparentemente contradictoria. Se creó durante el aislamiento y la paranoia del estado de alarma y los meses posteriores pero, al tiempo, es su disco más abierto a colaboraciones externas. “Cuando acabamos “Cancións Clínicas” sentí que el rostro de Chicharrón que habíamos creado nos miró, y este disco es la búsqueda de lo que hay detrás de esa mirada, detrás de todos los anteriores discos. Cada canción pretende ser una posibilidad de ese interior. Todas las canciones son la misma y, a su vez, entre todas forman una”, afirma Alberto sin querer dar más pistas que entorpezcan la libre interpretación del oyente. “Algo que me parece curioso es que las letras son previas a la pandemia pero, cuando lo escuchas con atención, parecen llevarte a un contexto de confinamiento, de distancia, de desconcierto, de fin del mundo”, indica Mara.

A nivel sonoro, ya no hay las concesiones al pop que todavía quedaban en canciones de su anterior trabajo como “Que tempo fará?”. Ahora es todo mucho más asfixiante y esquivo en un proceso que siempre estaba abierto al hallazgo a través del error. Los miembros del grupo llegaron a crear una lista de Spotify con algunas de las canciones que querían usar como referencia (esta: open.spotify.com/playlist/0L0s77X9vasNdKSJiXNwBY?si=QdJYiJtCSR2 h_5lXZF3TdA). Liars, Portishead, Einsturzende Neubauten, Low, Swans, Throbbing Gristle, Xiu Xiu o FKA Twigs son algunos de los nombres que ahí salen y que pueden ayudarnos a iluminar (u oscurecer) el camino. “Todo lo que hay en ella, de alguna forma u otra, fue utilizado para componer, orientar grabaciones y mezclar el disco”, informa Rubén. “En la construcción del álbum, quisimos subrayar la presencia de la percusión y bajos, tanto eléctricos como Moogs. Fue lo más parecido a un collage que he hecho nunca. Con todas las pistas que grabamos y las que nos enviaron los participantes, empecé a formar un esqueleto previo, limpiando, reorganizando y sobre todo tratando las grabaciones como samples. Salvo las voces y los Moogs, el resto de elementos han sido situados con esa perspectiva de la electrónica y la música experimental, pese a tener costuras de pop o rock. La instrumentación de algunas canciones ha acabado en otras, y en ese aspecto ha sido muy interesante -otra vez el azar- la idea de Alberto de realizar todo el disco a 127 BPMs. Aunque algunas de ellas finalmente variaron de pulso, más de la mitad están en esa cadencia, por eso el trasvase ha sido tan interesante. Además, desde el principio tenía claro que quería que la vida se colara en el disco a través de grabaciones de campo”, añade. “En contra de lo común, creo que es un álbum para escuchar con ruido de fondo, en el transporte público, conduciendo de noche e incluso mientras lavas los platos en casa. En realidad, en todo el disco gira esa idea de influencia, de colectividad y de relaciones azarosas entre los elementos que configuran un estado de ánimo. Otra de las ideas que más me interesan es contemplar cada canción como infinitas posibilidades entrelazadas, con protagonistas complejos como el saxo o el acordeón, ordenando el caos. Ambos son instrumentos muy físicos, de tensionar la respiración humana y mecánica. Tienen un papel narrativo en el discurso del disco apareciendo en la esperanza (”Outono de fíos eléctricos”, “Xogando nunha praia de entullos”), la derrota (“Videntes namoradas”, “Outono de fíos eléctricos”, “Vas quedar a mirar”) y el misterio (“Ondeando”, “O mes sen minutos”, “Highway to Heaven”)”.

La idea de la colectividad es muy importante en este álbum. Chicharrón se ha reconvertido en una especie de proyecto de puertas abiertas en el que han contribuido algunos de los artistas más interesantes de la actual escena pangalaica. “Necesitábamos hacer algo en común con gente a la que admiramos personal y artísticamente, amigos y personas de todos los ámbitos artísticos del panorama gallego, siempre teniendo presente esa transversalidad en las artes en la que creemos”, apuntan Alberto y Mara. Su tema “Highway To Heaven”, por ejemplo, parte de un cómic de Kike J. Díaz en el que interpreta un poema de Yolanda Castaño. “Hacer un vídeo de una canción en la que musicamos un
cómic que interpreta un poema nos mola bastante”, lanza el vocalista del grupo entre risas. No es, por cierto, la primera ni la segunda vez que adapta un texto de jóvenes poetas gallegos. “Yo escribo las letras y a mí la poesía gallega me flipa y creo sinceramente que estamos ante una de las mejores generaciones de escritoras de la historia, por lo que también es necesario reivindicarlo. Además, que en el disco estén presentes de uno u otro modo Luz Pozo, Yolanda Castaño y Alba Cid tampoco es una casualidad; me valí de ellas para establecer un diálogo intergeneracional que también quería que estuviera presente en el disco. Creo firmemente en las posibilidades literarias y artísticas de la música pop”.

El elenco de colaboradores que aparece en los créditos de la grabación es casi un quién es quién del actual underground gallego, aunque no han sido, subraya Rubén, ningún cajón de sastre. “En este disco la composición comenzó a articularse desde las propias colaboraciones. Cuando llamamos a Brais Otero - Mundo Prestigio, Jay- buscábamos esa impronta oscura, visceral, pero elegante en el bajo y el saxo. Con Anxos Fazáns -Contenedor de Mierda- lo mismo. Ella se sorprendía de que la llamáramos para tocar la guitarra en varios temas -”¡se non teño nin idea de tocar!”- pero su “batida” en la guitarra era la idea sobre la que cimentar “O espigador” o “Por canto non o facemos”. A Sara Iglesias -saxo en “Videntes”, “Ondeando”, “Highway to Heaven” y “Xogando”- la dejamos media hora sola grabando saxos para poder relacionarse con su instrumento y con sus propias vivencias. Pero con su presencia buscábamos eso: su caos, su profundidad y su espíritu. Rosalía Fernández Rial es una poeta carballesa muy buena y una persona genial que contagia felicidad y armonía. Su participación también marcó un punto de inflexión en la estructura del disco. La respiración de su instrumento y los matices que introdujo en las canciones son espectaculares. Teo Cid y Cibrán Tenreiro -Monstruo, Zara- son referentes éticos y estéticos para mí. Son artistazos y personas muy comprometidas políticamente. Músicos increíbles y seres inmensamente libres y sensibles. Del recuerdo de conciertos suyos salieron aproximaciones a diversas canciones como el final de “Oda aos vagalumes”, “Por canto non o facemos” u “Ondeando”. Charles Rapante -Os Vacalouras, Contenedor de Mierda- es uno de los mejores buscadores de sonidos eléctricos que conozco. Es un guitarrista imaginativo, que huye del lugar común y un fantástico explorador. Cuando llegó al estudio y montó sus pedales y el theremin y empezamos a experimentar sabía que su presencia articularía el conjunto del disco y así fue. Sus guitarras son precisas y su interpretación del theremín, expansiva. Sin él, “Procesos de oxidación” no sería ni la mitad de vibrante que es. Xiana Arias -Atrás Tigre- y Berio Molina son dos creadoras que admiramos profundamente. En su caso no pudimos coincidir en el estudio e hicieron sus aportaciones desde casa. Berio Molina es un artista sonoro extremadamente interesante y Xiana es la performance y el ímpetu. Su sintetizador en “O mes sen minutos” me hizo replantear por completo la canción y sus grabaciones de campo en “Oda aos vagalumes” y “Procesos de oxidación” guían el discurso de las canciones. Un detalle muy loco de “Procesos de oxidación” son las “percusiones corporales” que hicieron a base de saltos y palmas. Ibán Pérez, además de producir, volvió a meter percusiones y algún bajo, aunque los condicionantes logísticos impidieron algún detalle más. Marco Maril -Apenino- también participa y si bien sus aportaciones no están tan presentes, para mí si fue importante el timbre de sus pistas a la hora de definir el cariz de algunos temas. Mar Catarina también está presente en “Ondeando” aunque su presencia está en todos los temas, como siempre. Matías Unruh fue mi compañero de banda en Telephones Rouges y se ha encargado de la mezcla de seis de los once temas de este disco. En la gira que hicimos en diciembre fue nuestro técnico y después, debido a problemas logísticos con Ibán Pérez por retrasos míos, asumió más de la mitad de las mezclas. Su trabajo ha sido de una pulcritud inmensa y ha sido decisivo para que canciones como “Procesos de oxidación” tengan esa profundidad en el discurso sonoro, tan ligado a la banda sonora audiovisual”.

Por último, y no menos importante, hay que resaltar la impresionante portada que ha elaborado el fotógrafo coruñés Pablo Mella. “Nos mandó varias fotos y esta es la que más nos moló -asevera Alberto-, porque resumía a la perfección el significado del disco y porque nos recordaba a una charla muy emocionante que dio en la feria del Libro de Carballo Manuel Rivas sobre las luciérnagas, sus millones de formas diferentes de nombrarlas y sobre la amenaza de su supervivencia”, señala Alberto. Es como el pequeño destello que percibimos en un mar de oscuridad, el faro en una carretera perdida en la inmensidad de la noche o, como canta Alberto en un momento del disco, solo un ladrido en el medio de la ciudad. “Unha Fogueira Intacta” es un álbum verdaderamente inspirador, un nuevo manifiesto humanista y artístico en una banda siempre inquieta, siempre sorprendente. Chicharrón sigue siendo todas las posibilidades porque nunca estuvo tan cerca de encontrarlas. Avanza.


DAVID SAAVEDRA

credits

released April 7, 2021

Disco gravado en setembro do 2020 no Estudio Terraforma do Hío, Cangas do Morrazo por Ibán Pérez.

Mesturado por Ibán Pérez e Rubén Domínguez.

Producido por Rubén Domínguez.
Masterizado por Cem Oral en Jammin Masters, Berlín.

FR-031.

Edita Ferror Records. 2021.

license

all rights reserved

tags

about

Ferror Records Ferrol, Spain

Ferror Records nace en 2015 con un propósito claro, dar salida a las propuestas musicales y culturales desde la militancia y la autogestión. Apoya tu escena local.
ferrorrecords@gmail.com

contact / help

Contact Ferror Records

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this album or account

If you like Unha Fogueira Intacta, you may also like: