We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Highway To Heaven

by Chicharrón

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

about

Chicharrón presentan o segundo single de adianto de "Unha Fogueira Intacta" (Ferror Records, 2021), o seu cuarto longa duración. Tras “Ondeando”, chega “Highway To Heaven”, un tema que se estrea o 9 de marzo. Una data realmente especial xa que nela conmemorase o 9º cabodano de Alberto Gende (artista incríbel e membro fundador de Chicharrón). Na súa honra estréase este corte no que musican o cómic de Kike J. Díaz sobre o poema “Highway To Heaven” da poeta Yolanda Castaño, incluído no seu libro “O Puño e a Letra” (Xerais, 2018).

Un corte dinámico e evocador co que confirman a súa evolución e madurez como banda. Atopámonos con sintetizadores marciais, cadencia industrial e maquinal, e un claro espírito de road movie nocturna e perigosa. Unha nova e impáctante páxina de un disco cheo de grandes cancións. Fogo camiña comigo.

lyrics

Na autoestrada quedaron marcas de curvas imposibles,
Liñas vacilantes que acaban directas contra a mediana.
Cápsula de só.
Unha bolboreta de frío atravesa o paso
Os meus ollos quedan prendidos do seu salto.
E teño sorte.
Un dous, un dous.
A autoestrada de noite parece un videoxogo.
O negror máis opaco non me trabuca.
Coma unha intermitencia,
A miña xuventude unha liña de cocaína que ás veces
Se torce.
Detrás da miña órbita excítanse os volantes.
E acelero tan rápido
Como a este verso se lle vai a vida.

credits

released March 9, 2021
"Highway To Heaven" foi gravada en setembro do 2020 no Estudio Terraforma do Hío, Cangas do Morrazo por Ibán Pérez.

Mesturada por Ibán Pérez e Rubén Domínguez.

Producida por Rubén Domínguez.

Masterizada por Cem Oral en Jammin Masters, Berlín.

Alberto M. Vecino: voz.
Mara Pérez: voz.
Rubén Domínguez: sintetizadores e programacións.
Cibrán Tenreiro: batería.
Ibán Pérez: percusións.
Brais Otero: baixo.
Sara Iglesias: saxos.
Teo Cid: ruídos.

license

all rights reserved

tags

about

Ferror Records Ferrol, Spain

Ferror Records nace en 2015 con un propósito claro, dar salida a las propuestas musicales y culturales desde la militancia y la autogestión. Apoya tu escena local.
ferrorrecords@gmail.com

contact / help

Contact Ferror Records

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this track or account

If you like Highway To Heaven, you may also like: