"Melancholie" é o segundo adianto do novo disco de DEVALO que verá a luz en marzo de 2022.
Videoclip:
www.youtube.com/watch?v=sf_5xvlZQ3s
----------------------------------------------------------------------------------------------
DEVALO é o proxecto do coruñés David Miranda, a quen coñecemos de outras aventuras musicais como Nouvelle Cuisine ou The Cripple and The Tramp.
Tras o interesante “Noites Contadas” (Ferror Records, 2020), David volve cun novo disco “Luz / Sombra” (Ferror Records, 2022) que sairá editado a comezos do 2022.
David leva anos vivindo en Bangor (Gales) onde compón e grava. A distancia, a morriña e a melancolía marcan o seu proxecto. Algo que percibimos en “Ar”, primeiro adiante dese novo traballo.
Ecos de synthpop (Gary Numan, Orchestral Manoeuvres in the Dark, M83, New Order), e sons que beben do dream pop e o shoegazing (Slowdive, Cocteau Twins, The Radio Dept., Yo la Tengo, Beach House)... imaxes nocturnas de nostalxia, perda e crise de identidade, que deixan tamén entrever un renacer a través dun movemento cara ao futuro que é realmente unha volta aos orixes.
released January 13, 2022
Gravado en Belmont Road (Bangor, Gales).
Masterizado por Jahel Piñeiro en 8 Estudios (Lugo).
Música, letras e deseño de David Miranda.
Edita Ferror Records. FR-058